Rede Refuxiadas organizou un círculo de silencio para a Marcha Mundial en Santiago de Compostela

O pasado xoves 7 de novembro, na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela, Rede Refuxiadas organizou un círculo de silencio en apoio á III Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia.

Óscar García, membro do equipo de promoción da Marcha na Coruña, tomou a palabra durante a actividade para presentar este evento global que percorre o mundo para visibilizar a loita contra todo tipo de violencia, a discriminación e a defensa dos dereitos humanos. Destacou a traxedia que xeran as guerras alí onde se leven a cabo e como o espolio as motiva na inmensa maioría dos casos, destruíndo a terra e o futuro de millóns de persoas que teñen que fuxir dos seus pobos para buscar unha nova vida. Así mesmo, sinalou o destacado papel que deben xogar os mozos na implantación da cultura da non violencia, como ferramenta imprescindible na procura da construción dunha sociedade mellor. "Sen paz non hai xustiza e sen xustiza a paz non durará", dixo Óscar.

A Rede Galega en Apoio Ás Persoas Refuxiadas é un espazo formado por diferentes entidades sociais, políticas e sindicais co obxectivo de denunciar a xestión inhumana da crise dos refuxiados que leva a cabo a Unión Europea. Entre outras actividades, organizan un círculo de silencio todos os primeiros xoves de cada mes. A de novembro estivo dedicada á III Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, facéndose eco da mensaxe que leva este evento que culminará o 3 de xaneiro en Costa Rica.

círculo humano do silencio-07 de novembro de 2024

Deixe un comentario