O 17 de decembro o grupo de Meditación da Mensaxe Silo de Tanos (Cantabria) mantivo un encontro estacional no que se leron os obxectivos e os principais puntos da III Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia. Tamén se leron varios poemas, entre eles “Onde vive a esperanza” de Juana Pérez Montero, e manifestouse o apoio a esta gran marcha que está a piques de concluír, pero que nos anima a afondar e promover a cultura da non violencia, con máis forza que nunca , en todo o planeta.
